Organizamos para grupos e escolares visitas de media ou xornada completa elexindo entre as seguintes programacións.
Pograma 1: Visitas a finca agroecolóxica Horta Agrelo onde os estudantes desenvolven actividades de contacto directo coa natureza e a realidade da horta orgánica, xunto con talleres ocio ecolóxico que ofrecemos no noso dossier
Pograma 2: Visitas combinadas finca e puntos de interese en Bueu:
- Museo Massó
- Asociación de redeiras.
- Conservas Pazo de Oriente
- Visita á aldea de Hermelo con ruta interpretativa e vistas panorámicas da zona.
- Visitas guiadas de sendeirismo polos bosques, ríos e sendeiros ao longo da costa.
- A visita podería ser mañá ou todo o día, tendo unha zona equipada para facer o xantar
Pograma 3: Desprazamento ao centro educativo.
Deseñamos hortos escolares como ferramenta de aprendizaxe dinámica, ao aire libre, en calquera escala, dende botellas, caixas, cubos,palás, etc., con elementos de reciclaxe.
Complementamos a superficie plantada con sistema de rego, reciclaxe de residuos, compostaxe, lombricultura.
Definimos os calendarios de tarefas na horta e cultivo segundo tempada e realizamos talleres para traballar na horta
Orientamos os profesores para vincular o plan de estudos coas actividades.
Realizamos talleres de reciclaxe con todo tipo de elementos, elaboración de cosmética natural e limpadores ecolóxicos
|